Días 27 e 28 de outubro
ás 7 horas
Viaxe a Aguilar de Campoo para visitar a exposición de Las Edades del Hombre Mons Dei e Palencia.
20 de outubro 2018
O día 20 de outubro viaxamos a Cospeito para ver o Pazo de Sixtallo, fundado por Fernando Verdes Montenegro. Acompañados dun dos copropietarios percorremos os xardíns seguindo as explicacións de Javier Raposo e do dono, que nos mostrou os dous planos orixinais de alzado e planta do edificio, obra dun dos arquitectos galegos de fins do barroco de placas compostelán, Clemente Sarela, pasando despois ao interior para ver a entrada, as escaleiras e a capela, co seu magnifico retablo obra de Miguel Romai con imaxes da escola de Gambino.
Despois pasamos na mesma parroquia á Casa Rural aldea celta Citania de Veria que nos mostraron os propietarios as instalacións. Antes de xantar na Feira do Monte, fixemos unha visita ao Museo das Aves, previa a andaina que pola tarde fixemos circundado a lagoa.
Rematamos a excursión visitando en San Martiño de Pino a emblemática torre de Caldaloba acompañados de Óscar Rego Felpeto, un dos divulgadores e defensores do patrimonio da zona.
No período comprendido entre a Guerra Europea e a civil española (1918-1939), experimentouse un cambio profundo, na música, vestimenta, mentalidades, sistemas políticos, revolución Rusa, aparición do comunismo e dos fascismos, nacemento dos nacionalismos, un mundo en constantes cambios tanto na arte como na arquitectura, producíndose unha crise do sistema. En España estase na fase final da restauración alfonsina non democrática, monopolizada por dous partidos, o liberal e o conservador que se alternaban no poder. Aparece o nacionalismo catalán, o vasco e o español. O movemento obreiro anarquista e socialista atacaba o sistema. A primeira folga xeral ten lugar en 1917.
Día 15 de outubro, luns
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Xusto Beramendi González, profesor da USC, "As Irmandades da Fala: un punto de inflexión na historia de Galicia".
22 de setembro de 2018
Para contextualizar a conferencia de Javier Raposo Martínez dedicada a o xardin no pazo galego, viaxamos o 22 de setembro con el para ver os pazos de Rubiáns, Lourizán e Faramello.
Chegamos a Vilagarcia de Arousa e para aproveitar o tempo vimos a igrexa de Santa Baia de Arealonga, unha xoia do barroco galego do século XVII.
As 12 horas visitamos o pazo de Rubiáns que desde o punto de vista arquitectónico e un petit chateau francés. Durante máis dunha hora fixemos un percorrido polas diversas partes do xardín, comezando polo francés para ver a topiaria nos parterres de buxo que se atopa na fronte da fachada principal, o estanque das ras con nenúfares, as pérgolas, o hórreo, as camelias de orixe portugués, rematando na parte alta onde comeza o viñedo en espaldeira de albariño. Rematado o paseo polos xardíns vimos o interior e a capela, rematando cunha cata do viño que se elabora na finca.
Despois de xantar en Pontevedra, desprazámonos á parroquia de Santo André de Lourizán para ver o pazo ecléctico de fin do século XIX deseñado polo arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez por encargo de Francisco Genaro Ángel, pasando despois ao seu cuñado o comerciante catalán afincado en Vivo, Buenaventura Marcó del Pont. Despois foi a residencia de verán do político Eugenio Montero Ríos.
O último pazo visitado foi o do Faramello, no concello de Rois, fundado polo marqués de Piombino. Fomos recibidos e acompañados na visita polo propietario Gonzalo Rivero de Aguilar percorrendo todas as partes dos xardíns, unha parte debaixo do pazo de estilo francés construído sobre a terraza da fábrica de papel, e polo bosque, así como o novo Xardín do Recordo, en memoria das víctimas do accidente de Angrois, onde os familiares e amigo plantaron unha árbore. Tamén vimos o interior rematando a visita cunha cata de viño albariño.
Día 25 de setembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Lois Diéguez sobre "O pazo galego na Literatura".
Día 22 de setembro, sábado
ás 8 horas
Viaxe aos Pazos do Faramello, Rubianes e Lourizán con Javier Raposo Martínez.
O día 8 de setembro tivo lugar en Outeiro de Rei a entrega da distinción coa que quixo distinguir a Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María no día no que celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á nosa vicepresidenta Branca Rodríguez Pazos, en recoñecemento á súa traxectoria profesional, social, política e cultural. Houbo un xantar na que estivo acompañada de membros destes colectivos, da súa familia e amigos. Despois incorporáronse aos actos un grupo de socios de Lugo Patrimonio que asistiron á lectura de poemas e a ofrenda floral celebrada no cemiterio en lembranza do poeta chairego, rematando coa entrega da navalla no campo de Santa Isabel.
Despois da laudatio que estivo a cargo de Marica Campo, Branca agradeceu as súas palabras que cualificou de "exaseradas froito da amizade e do coñecemento de tantos anos". Tamén agradeceu a distinción a Xermolos, con especial mención a Alfonso Blanco, por traballar "a prol da cultura do país e a defensa da nosa lingua". Por último dixo que estaba moi leda por recoller o premio en Santa Isabel "porque para min este lugar e tamén un pouco meu",
O obxectivo da conferencia era analizar os diversos estilos de xardín (francés, italiano, portugués, etc.) que converxen na configuración dos propios parterres galegos creando unhas características propias e miméticas á par que fanos únicos e diferencias.
A historia do mundo do xardín e ben coñecida a través dos innumerables exemplos a través da historia, máis pouco ou nada se sabe en Galicia sobre os estudos, deseños, diferencias, características propias, e moito menos nas Facultades. Noutros países (Francia, Alemaña ou Italia) son materias esenciais e complementarias no estudo da arquitectura e do dominio estético da paisaxe, polo tanto, segue a ser unha iniciativa pendente e necesaria nos plans de estudo e na propia concienciación social e ambiental.
Día 4 de setembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Javier Raposo Martínez, licenciado en Xeografía e Historia, "O xardín no pazo galego ¿Francés, inglés ou portugués?".
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 22 de setembro aos pazos do Faramello, Rubianes e Lourizán e para a viaxe dos días 27 e 28 de outubro, sábado e domingo, a Aguilar de Campoo e Palencia.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.